Gallego   Español   

Que ofrecemos

Atención personalizada, en relación cos produtos de farmacia e de parafarmacia en Cambre, que dispensamos.

Servizos de:
  • Seguimento e control da presión arterial.
  • Control glicémico.
  • Programa de asesoramento nutricional.

Un variado stock de produtos de calidade en:
  • Dermofarmacia.
  • Alimentación infantil.
  • Alimentación para adultos.

Somos coidadosos co medio ambiente, colaborando no reciclado de medicamentos e os seus envases, mediante un sistema de información, asesoramento e recollida.

Non dubide en consultarnos.
Farmacia Pérez Vilariño

Labor social

Somos unha farmacia socia e colaboradora de Farmamundi, unha organización non gobernamental de cooperación en proxectos de desenvolvemento, acción humanitaria e de emerxencia.

Para asegurar que a saúde sexa un dereito fundamental.

En Farmacia Margarita Pérez Vilariño colaboramos coa Universidade de Santiago de Compostela na formación de futuros farmacéuticos mediante o programa de prácticas tuteladas.